Páginas

Buscador

domingo, 9 de diciembre de 2012

Celso Emilio Ferreiro


Imaxe do poeta nos
 anos 70. celsoemilioferreiro.org
Celso Emilio Ferreiro foi un escritor e político galeguista nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, polo que este ano cúmprense 100 anos do seu nacemento. Por isto pensei que seria bo facerlle esta entrada-homenaxe a este querido escrito galego. Celso Emilio sempre amou a súa vila natal, con estas palabras o reflicte nunha entrevista:
Celanova é a miña patria primordial, comarca das miñas primeiras vivencias, a fonte onde abrollou o meu inicial concepto do mundo (...). Celanova alumeou os meus ollos de neno con imaxes fermosas e tenras.

Biografía

Comeza a estudar no colexio dos escolapios en 1919 e vota ata 1929.
En 1932 funda, xunto co seu amigo Xosé Velo, as Mocidades Galeguistas do distrito de Celanova.
Entre 1943 e 1946 é redactor xefe na revista Finisterre, que estaba dirixida por Emilio Canda. Logo, en 1944 colabora na revista Sonata Gallega.
En 1947 publica Bailadas, cantigas e donaires, un conxunto de poemas neopopularistas.
Xa en 1951 publica Musa alemá, unha escolma de 15 poemas de autores alemáns. Publica o ensaio Curros Enríquez. Biografía en 1954.
Un dos seus poemas máis coñecidos, Longa noite de pedra, nace en 1962.
 En 1966 emigra a Caracas (Venezuela) onde dirixe, redacta e confecciona o xornal quincenal Irmandade. Tamén dirixe a emisión radiofónica Sempre en Galicia e a Escola Castelao. En 1968 publica dúas obras: Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir.
Xa para finalizar co máis destacado da bibliografía en 1977 publica Curros Enríquez: Obra poética completa.

Longa noite de pedra

Longa noite de pedra é un dos poemas máis famosos de Celso Emilio Ferreiro. Foi publicado en 1962. Pensase que Celso Emilio puido compoñelo mentres estivo no cárcere en 1937.

Longa noite de pedra. fotolog.com



O teito é de pedra.
De pedra são os muros
e as trevas.
De pedra o chão
e as reixas.
As portas,
as cadeias,
o ar,
as fenestras,
as olhadas,
são de pedra.
Os corações dos homens
que ao longe espreitam,
feitos estão
também
de pedra.
E eu, morrendo
nesta longa noite
de pedra.



Deitado frente ao mar

Deitado frente ao mar é outro poema de Celso Emilio publicado en Longa noite de pedra. Este vídeo é a versión feita polo grupo Dios ke te crew.

No hay comentarios:

Publicar un comentario