Páginas

Buscador

viernes, 27 de julio de 2012

The Way (O Camiño)

The Way. vivirfi.org
O pasado mércores, 25 de xullo e Día de Galicia, a Televisión de Galicia (TVG) emitiu pola noite a película The Way (O camiño de Emilio Estévez 2010).
A película relata como un pai fai o Camiño de Santiago ao morrer seu fillo nel.
Ao seu fillo gustáballe moito viaxar, por iso decidiu comezar o camiño. Pero encontrárono morto nos perineos a cousa dun accidente. Cando seu pai foi buscalo dixo que incinerasen o corpo. Colleu as cinzas e a equipaxe do seu fillo e decidiu facer o camiño e ir esparrando as cinzas polo recorrido.
O protagonista encontrouse con máis xente durante o camiño: un que tentaba adelgazar, outro que buscaba a inspiración, porque era escritor e, unha que quería deixar de fumar.
Esta película, para min, mostra moi ben como é realmente o camiño: un lugar onde te encontras unha morea de xente que o fai por diversas razóns.
Eu espero que algún día poida facer o camiño e descubrir a maxia que nel se encontra.

Trailer

No hay comentarios:

Publicar un comentario