jueves, 26 de julio de 2012
Fogos do Apóstolo 2012
A catedral volveu arder con Fogos do Apóstolo. Este ano tiveron una menor duración que o ano pasado por mor dos recortes.Apenas durou media hora.
Moita xente viunos dende o Obradoiro pero, coma sempre, a Alameda tamén estivo moi solicitada. Xa as seis da tarde había algúns ocupando os mellores sitios.
Por onde estaba eu había un grupo de andaluces que, segundo comentaron marcharon un pouco decepcionados pola cura duración dos fogos.
Dende aquí felicitar a empresa General de Producciones y Diseño (GPD) encargada do espectáculo audiovisual e a Ricasa, encargada da pirotecnia que compaxinaron moi ben durante o espectáculo.
Despois do fogos moita xente paseaba pola Alameda, onde estaban as atracción. Aínda que os quéixanse de que a xente non gasta: «El día grande ha sido muy flojito, había mucha gente por el recinto pero no compran entradas» afirma un a La Voz de Galicia.
Outra decantábase por ir ver, no paseo central da Alameda, a orquestra Charleston Big-Band. Tamén os había que foron ver o concerto de Robert Ramírez e Coti na Praza da Quintana.
Algunha xente xoven preferiu facer botellón nos xardíns da Alamedas ou nas rúas do casco antigo da cidade.
¿E ti que fixeches despois dos fogos?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario