Páginas

Buscador

domingo, 20 de mayo de 2012

Paz Andrade na ciencia - Jorge Mira

Artigo de Jorge Mira onde relaciona a Valentín Paz-Andrade ca ciencia.
Nestes días de merecidísima homenaxe a Valentín Paz Andrade estamos aprendendo que a súa actividade non se circunscribiu só ás letras, senón que chegou tamén á ciencia, no eido dos estudos pesqueiros. Tamén é bo momento para lembrar que é tío dunha destacada científica galega: a doutora en Física Inmaculada Paz Andrade (1928). Falar de Ada (así a chamamos os seus compañeiros) é falar dunha pioneira, introdutora en España da microcalorimetría (o conxunto de técnicas que permiten a determinación de pequenos intercambios de calor) e responsable da elaboración dun sistema de predición do perigo de incendios forestais en Galicia. Foi a primeira directora do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago e o seu talento recoñécese con elevados galardóns como a medalla de ouro da Real Sociedad Española de Física, o Premio Galicia de Investigación ou a medalla Castelao (que tamén recibira Valentín). Porén, non tivo un camiño doado; como ela ten dito, foille duro ser muller e competir na universidade galega, da que foi a primeira catedrática en Física. Xenio e figura na familia Paz Andrade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario