Páginas

Buscador

domingo, 20 de mayo de 2012

O Festival de Cans

O Castelo de Cans é un dos monumentos
 destacados da parroquia
Todos coñecemos o festival de cine de Cannes, en Francia. Pero o que moita xente non coñece é o festival de Cans, como non, GALEGO.
Cans é unha pequena parroquia do Porriño de 458 habitantes (2010) enclavada nun pequeno val entre o Monte Castelo e A Risca. Pois nesta pequena parroquia celebran dende 2004, coincidindo co Festival de Cannes un festival fundamentalmente de curtametraxes galegas. As curtametraxes proxéctanse en casa e alpendres dos veciños (O Cuberto de Chelo, a Casa do Pato, o Cuberto de Antonio...) e conta con "vehículo oficial" o chimpibús.
Logotipo do Festival
O festival está organizado pola Asociación Cultural Arela baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato.

Algún vocabulario básico

Chimpibús: Da conxunción de chimpín (pequeno vehículo de labranza adecuado para traballar en pequenas leiras) e bus (transporte público colecti vo). O chimpibús é o medio de transporte oficial do festival.
Agroglamour: A suma de agro e glamour, dous conceptos que parecían irreconciliables ata a chegada do Festival de Cans. O agroglamour defínese por oposición: se Cannes ten glamour, Cans ten agroglamour.
Jalpón Friki: Tamén coñecido como Jalpón de Alicia, é un dos espazos máis coñecidos do festival. Trátase dun jalpón de tipoloxía contemporánea. O sábado do festival transfórmase nunha sala de acceso libre pola que pasan centos de persoas para ver as curtas galegas máis frikis.

Cans 2012

Cartaz do festival 2012
Este ano 2012 o Festival comeza o mércores 23 de maio as 17:30H coa Proxección de Tralas luces+Escena inédita Caracois e termina o sábado 26 de maio.
Se queres coñecer a programación ou máis sobre o festival podes ir a sua web oficial.

- CanZine - publicación oficial do festival.
- Wikipedia - Aquí podes consultar o premiados en todas as edicións

Fontes de información:





Hollywood? Non... Cans!

Esta imaxe que vin no Facebook do festival gustoume para rematar o artigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario