miércoles, 23 de mayo de 2012
"O que todo galego choraría" - Valentin Paz-Andrade [Letras Galegas 2012]
CHORA, TERRA, TEU PRANTO
das augas, e dos eidos, e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da raza,
en mantelo de brétemas envoltas,
que noso fin ao noso orixe ligan.
Deita nas áurias leiras do hourizonte
labradas de solpores e de abrentes,
en adoas de luz a debullarse,
as sementes feridas de túa door.
Arpa de nobres cordas esquecidas,
ceiba teu son no curazón retido,
e fai acordes en total latexo
almas, paxaros, rios e paisaxes.
(...)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario