Páginas

Buscador

viernes, 25 de mayo de 2012

Ensino - José Sixto

Artigo sobre o ensino publicado no De Luns a Venres do 24 de maio.
Eu son un defensor acérrimo do ensino público, quizais porque tiven que sufrir desde que era un párvulo a superioridade dos que estudaban en colexios privados, que se consideraban xente VIP e vían no resto todo o contrario, PIV (pouco importades vós).


Cursei toda a primaria e parte da secundaria en Friol e sempre tiven que oír aquel famoso consello de que cando fose para Lugo ía flipar. Sacar boas notas nun colexio público de
vila non tiña mérito ningún, nada comparado cos que papá e mamá lles pagaban un centro guay onde dous por dous si que eran catro.


O estudante é o factor fundamental no proceso de ensino e del dependerá o que queira esforzarse e traballar, pero, desde logo, non vai saber máis quen estude na privada nin menos quen o faga na pública. O que si, debería recoñecerse o mérito dos bos estudantes para a concesión de bolsas e non só as rendas, moitas veces amañadas.



A educación pública non pode permitirse o luxo de sufragar os estudos dos que aproban unha por curso e botan dez anos dicindo que estudan unha carreira. É frustrante ver como algúns matriculados (non confundir con estudantes) fan viaxes e mercan coches coas bolsas para o estudo, mentres que estudantes brillantes non reciben un céntimo de axuda. As bolsas deberían concederse
para a matrícula, a hospedaxe e a comida para quen realmente as precise e renda no seu traballo,
e nunca se deberían primar os matriculados sobre os estudantes excelentes. - José Sixto | De Luns a Venres - 24/04/2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario