Páginas

Buscador

viernes, 11 de mayo de 2012

Letras Galegas 2012: Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz Andrade
(Praza de San Xosé, Pontevedra).
Este ano adícanselle as Letras Galegas ao poeta Valentín Paz-Andrade. Aparte de ser poeta foi xornalista, avogado, gran Galeguista, xurista e político.
Naceu o 23 de Abril de 1898 en Lérez, Pontevedra e faleceu en Vigo o 19 de maio de 1987. Foi un gran galeguista.

Biografía
En 1921 licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
A súa paixón pola literatura comezou cando seu tío lle presentou a Castelao (Rianxo, 1886 - 1950).
Durante a súa formación entrou no movemento galeguista e foi colaborador no xornal "Gaceta de Galicia". Tamén foi director do xornal galeguista "Galicia" entre 1922 e 1926.
Devido ao seus artigos e vinculación política foi detido diversas veces.
En 1942 foi director de Industrias Pesqueras, avogado de prestixio en Vigo e un dos principais impulsores de Pescanova.

Principais obras
  • Ensaio Literario
    • A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) - GAL.
    • Castelao na luz e na sombra (1982) - GAL.
    • Galiza lavra a sua imagen (1985) - GAL.
    • Galicia como tarea (1959) - ES.
    • La marginación de Galicia (1970) - ES.
  • Poesia
    • Pranto matricial (1955) - GAL.
    • Sementeira do vento (1968) - GAL.
    • Poesía completa (2012) - GAL.
  • Narrativa
    • Soldado da morte (1921) - GAL.
  • Ensaios e artigos
    • O legado xornalístico de Valentín Paz-Andrade (1997) - GAL.
  • Temas pesqueiros
    • Los puertos nacionales de pesca. Aportacíón de Vigo al estudio del problema (1928) - ES.
    • Sistema económico de la pesca en Galicia (1958) - ES.
GAL: En lingua galega
ES: En lingua española

Premios
  • Pedrón de Ouro (1975).
  • Cruz de San Raimundo de Peñafort (1978).
  • Medalla da Cidade de Pontevedra (1979).
  • Medalla Castelao (1984).
  • Medalla ao Mérito Social Marítimo (1984).
  • Medalla de Ouro da Cidade de Vigo (1986).
  • Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo (1986).


Videoteca










_________________________________________________________________________________

Fontes:
  • Información: Wikipedia e Galipedia
  • Videos: YouTube

No hay comentarios:

Publicar un comentario