Fachada da bibioteca. santiagoturismo.com |
A Biblioteca Publica Anxel Casal está en Santiago de Compostela na Avenida Xoán XXIII. Foi inaugurada en Marzo de 2008. Conta con tres plantas máis a planta baixa. Na planta baixa dispón dunhas máquinas expendedoras e uns asentos onde podes tomar un café, zona de ordenadores para acceder a internet e hemeroteca onde podes acceder a prensa galega, nacional e internacional.
O primeiro andar está dedicado aos máis pequenos dende os cero anos ata os catorce. Nesta planta os libros están agrupados por grupos de idades.
A segunda planta conta con literatura, biografias, cine, musica, viaxes, audiovisuais temáticos...
0 Xeralidades
1 Filosofía e psicoloxía
2 Relixión
3 Ciencias sociais
5 Ciencias puras
6 Ciencias aplicadas
7 Arte, xogos, deportes, ocio
8 Lingua e Literatura. Está no 2º andar
9 Xeografía e Historia
No cuarto andar é onde se preparan os documentos e se fan as xestións precisas.
A biblioteca tamén conta con sinal wifi en todas as plantas. Tamén hai puntos de autoprestamo para levar a cas os libros que quiras.
Horario
Luns-venres: de 8.30 a 21.00 h.
Sábados: de 10.00 a 14.00 h.
Horario de verán (xullo e agosto):
Luns-venres: de 8.30 a 14.30 h.
Sábados: pechado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario