Páginas

Buscador

jueves, 23 de agosto de 2012

Praia das Cunchas, en Rianxo

Praia das Cunchas. turgalicia.es
A Praia das Cunchas é a segunda praia, despois de Tanxil, máis coñecida de Rianxo.
Conta cunha area fina e branca. Xunto a ela encontrase un chiringuito que ten fama polas súas xoubas.
Esta praia ten servizo de vixilancia, papeleiras e baño.
As súas augas son moi tranquilas, aínda que, hai unha zona perigosa (que xa esta indicada cun cartel). O problema desta praia é o pouco que cubre coa marea baixa, xa que a auga apenas chega a cintura. Para que cubra tes que meterte moito a dentro onde pode haber correntes de auga moi perigosas.

Servizo da Praia das Cunchas. Flickr
É moi boa praia para nenos e nenas pequenos xa que, se non te metes moito ala ao fondo, non cubre nin hai zonas perigosas.
Este areal conta con aparcadoiros amplos e, este ano como novidade ten duchas.
Ademais esta praia agora é máis ampla xa que fai uns anos foi rexenerada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario