Páginas

Buscador

martes, 31 de julio de 2012

Praia do Areal en a Pobra do Caramiñal

Imaxe da praia. www.laislatortuga.tk
Onte estiven na Praia do Areal na Pobra do Caramiñal. É unha praia de augas traquilas. Dende esta pódese ver o porto deportivo. Esta praia esta no centro urbano e ten moi fácil acceso. Segundo a páxina web do concello da Pobra a praia ten 1100 metros de lonxitude. A súa area é fina e branca, aínda que, na zona que queda cuberta pola auga cando sobe a marea é un pouco máis grosa e ten algunhas pedriñas.
A páxina do concello tamén di que conta con socorristas. Eu onte non os vin por ningures.
O que si ten é unhas boas duchas situadas no centro da praia (aproximadamente) é un amplo aparcadoiro. Tamén conta con papeleiras, chiringuitos e un longo paseo.


Unha das cousas negativas do Areal son os edificios que ten detrás que, ao tempo que vai xirando o sol vai dando a sombra nalgunhas partes da praia.

Vista dende a praia. Adrian R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario