Páginas

Buscador

jueves, 26 de julio de 2012

Made in Galiza


Made in Galiza de Séchu Sende (Padrón, 1972) é un libro cheo de relatos. A maioría deses relatos teñen que ver coa Lingua Galega. Como di na contraportada un libro que "busca a vida nas palabras. Un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza".
Pois si, é tal como di na descrición.
É un libro cheo de historias para ler antes de durmir ou nunha tarde aburrida.
Por exemplo nunha historia deste libro, na oficina de obxectos perdidos, un home vai a unha oficina de obxectos perdidos para tentar recuperar a súa lingua que perdeu nunha discoteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario