Páginas

Buscador

lunes, 23 de julio de 2012

Festival Aéreo de Vigo 2012


Coma cada ano celébrase na Praia de Samil o Festival Aéreo de Vigo. Neste espectáculo de acrobacias aéreas participaron pilotos especializados e tamén as forzas aéreas de Italia, EE.UU e Bélxica. O máis espectacular foron a intervención dos tres cazas F-16.
Este foi un día no que Vigo estaba abarrotado de xente. Autobuses cheos nos que non se daba entrado e coches dun lado para outro e carabanas de coches que se movían lentamente ao final da exhibición para saír de Samil.
Moita xente tiña preparado o seu espazo para comer de pícnic debaixo dun piñeiral que hai nas proximidades da praia, dende a que moita xente tamén viu o espectáculo.
A verdade é que todo isto valeu a pena.

O meu album de fotos


No hay comentarios:

Publicar un comentario