Cacharela deste ano en Vista Alegre (S. Compostela). Adrián R. |
Como cada noite do 23 ao 24 de xuño Galiza cóbrese de fogueiras de Norte a Sur e de Este ao Oeste. Esta é unha tradición moi antiga establecida dende o cristianismo. As cacharelas (fogueiras) préndense chegada a media noite e toda Galiza, vista dende o ceo, queda recuberta de pequenos puntos de luz. Esta é a noite mais curta, é dicir, hai máis horas de luz. Desta noite dise que é máxica, que os do máis alá se comunican cos do máis aquí e que é o momento de espantar aos malos espíritos. Para isto tamén se prepara unha bañeira co auga e flores o 23 e deixase para o 24 pola maña lavarse a cara.
Nesta noite máxica tampouco poden faltar as típicas sardiñas asadas e a queimada co seu conxuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario