Imaxe do Hospital da Barbanza |
Na miña opinión o que debería facer a que está detrás do mostrador é explicarlle a señora en que se equivocou para que non lle volva a ocorrer e así non perda o tempo.
Onte no Hospital do Barbanza vin unha cousa que me deixou a cadros: unha muller maior está pedindo a vez para unhas probas e entrega dous papeis que tiña do hospital. E a que estaba detrás do mostrador dille: "Señora, a esta xa veu, hai que estar atentos, que eu non estou aquí para perder o tempo".
E a muller díxolle: "Ten que perdoar, pero non sabía que papel era; e non está perdendo o tempo, que está traballando porque lle estamos pagando todos".
A do mostrador dille: "Pois vaia traballar vostede tamén. ¿Como di? ¿que me está pagando vostede?, ¡voulle poñer unha denuncia!; eu non estou aquí para aturar a ninguén".
Cando un vai ao hospital é porque está enfermo, e o que menos ganas ten é de aturar a unha persoa así detrás do mostrador; se fose unha empresa privada xa a tiñan botado, pero como é do Estado, xa se cre que ten dereito a tratar á xente como queira, e non é así. Porque eu entendo que todo o mundo temos problemas; pero déixanse na porta, non se levan o traballo. - Rebeca
No hay comentarios:
Publicar un comentario