Páginas

Buscador

viernes, 15 de junio de 2012

O alcalde de Vigo e o seu coche

O coche, aparcado donde non debía. La Voz
Estes días foi achado o coche oficial do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, aparcado nunha praza reservada a minusválidos. En concreto ese día foi o xoves 7 as 19 Horas mentres Caballero asistía ao "acto de graduación de la cuarta promoción de un máster de comercio internacional en la Escuela de Ingeniería Industrial" segundo di La Voz de Galicia. Este non foi a única polémica do alcalde e o seu coche, un tempo máis atrás saltaba a noticias de que usara o coche oficial para acudir a unha manifestación.

Na miña opinión creo que os políticos abusan moito deses privilexios. É como o de levar unha paga despois de ser presidente. Si ti deixas o teu posto de traballo non che dan paga algunha, ou te buscas outro ou te vas ao paro, pero non, os ex presidentes quédalles unha paga (que non é pequena) e ademais poden traballar ao mesmo tempo noutro sitio, é dicir, teñen dobre ingresos.

A min gustaríame ver aos alcaldes, presidentes e demais membros do goberno collendo o transporte público para desprazarse en vez do coche privado. Deste xeito darían un bo exemplo á cidadanía e ademais o pobo coñeceríaos moito mellor.
Así que , señor alcalde, paréceme moi ben o do coche eléctrico, pero gárdeo para viaxes as que non poida acudir en transporte público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario