Páginas

Buscador

sábado, 2 de junio de 2012

Encontro dixital con Touriñan | LV

Xosé Antonio Touriñán. LV
O xornal LV. De Luns a Venres fixo un encontro dixital con Xosé Antonio Touriñán no que o personaxe contestou ás preguntas propostas polos lectores. Aquí van as mellores custións seleccionadas por min:

1.- ¿Cando volverá escribir en De Luns a Venres?

Xa estou niso. Estou aquí outra vez.


2.- ¿Poderías contarnos como coñeciches a Marcos e como decidides convertirvos en Mucha e Nucha?
Coñecino cando chegou de Alemania. El tería uns doce anos. Coincicimos no colexio xogando ao balonmán.  O Día das Letras fixemos dez anos como Mucha e Nucha. Facíamos teatro xuntos.


3.- Co Eu me opero abriches un camiño pouco practicado en Galicia, o do humor político. ¿Por qué non se fai máis humor político na TVG? ¿Coñeces os programas deste tipo de ETB e a tele catalá? ¿Non che parece unha xenialidade poder rirse ata de ETA?
Señor Pachi Vázquez :) [ver nick do lector: Manuel Vázquez], encántame que me fagas esta pregunta. Por suposto, paréceme unha xenialidade o que fan en Vaya Semanita e poder rirse das cousas das que rin. Pode que en Galicia non haxa aínda unha cultura de facer humor político na televisión, pero si se fai nas salas.  Igual é unha asignatura pendente que temos na televisión, aínda que se teñen feito cousiñas en Air Galicia, Tourilandia, Mucha e Nucha..



4.- ¿Pasaría á TV nacional? ¿Con qué programa, dos que hai, se quedaría?
Non teño ansia ningunha por traballar fóra de Galicia. Pero nunca se sabe... Gústame Buenafuente e o mellor programa da TV nacional é o Salvados de Jordi Évole.


5.- ¿Tivo que pelexar moito para que en Tourilandia puidesen actuar bandas galegas?
Non. Ter música en directo e bandas galegas era algo que tiña moi claro cando me ofreceron dirixir Tourilandia.


6.- Ola Touriñan encantoume verte en Tourilandia. A miña pregunta é ¿Cres que en setembro poderei ir cunha amiga miña de público ao teu programa? Un bico para ti e para a túa familia.
Por suposto, Princesa [ver nick do lector: princesa]. Eu como Rei estou encantado de recibir a membros doutras familias reais. ¿Non serás Cristina ou Elena? Saúdos á túa familia tamén... e aos elefantes.


7.- Como actor, ¿gustaríate facer cine? ¿Qué tipo de cine é o teu favorito? ¿Cales son os teus filmes predilectos?
Como actor, estaría encantado de facer cine. Algunha cousa hai que aínda non se pode contar, porque son proxectos. O cine que máis me gusta é o bo cine. Se tivera que dicir un filme, sería La vida es bella.


8.- Quitáronlle o programa a Buenafuente. ¿Que opinas do catalán? Tal e como están as cousas, ¿Van privatizarnos o sorriso?
Creo que o sorriso é o único que non nos poden privatizar. Buenafuente é un mestre, é un dos grandes, sempre é unha referencia.







No hay comentarios:

Publicar un comentario