Páginas

Buscador

jueves, 28 de junio de 2012

En 2013 adícaselle o Día das Letras Galegas a Vidal Bolaño


Roberto Vidal Bolaño. culturagalega.org

A RAG (Real Academia Galega) decidiu o pasado 22 de xuño que no 2013 se lle adique o Día das Letras Galegas ao escritor e actor de teatro galego Roberto Vidal Bolaño. Este dramaturgo foi nado en 1950 en Santiago de Compostela e finou en 2002 tamén en Compostela.

Traxectoria

En 1974 fundou xunto a Laura Ponte Santasmarinas, actriz galega, o Grupo de Teatro Antroido, que foi convertido na primeira compañía teatral galega. Con esta compañía representou as súas primeiras obras. Máis adiante, en 1991, creou a compañía Teatro do aquí, que dirixiu ata o seu falecemento.

Obras

Entre as súas obras pódense destacar Laudamuco, señor de Ningures (1976), Bailadela da morte ditosa (1980), Agasallo de sombras (1992), As actas escuras (1994), Doentes (1998), A ópera de a patacón (1998) ou Animaliños (2003).

Premios e recoñecementos

Abrente, O Facho, Ciudad de Valladolid, Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro, Xacobeo 92, Eixo Atlántico, María Casares, Max.

Bibliografía

1 comentario:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar